Home / Eume / As Pontes / Arranca en As Pontes un novo curso formativo para desempregados

Arranca en As Pontes un novo curso formativo para desempregados

FERROL360 | Venres 19 setembro 2014 | 19:52

Un total de 15 persoas comezaron este venres un programa formativo para desempregados promovido por Bidef Consultoría coa colaboración do Concello de As Pontes. Trátase dun curso encamiñado á recualificación profesional ao ámbito comercial, co obxectivo de insertar laboralmente a todos os participantes no mesmo.

O programa consta de dúas fases. A primeira destas etapas é eminentemente teórica e busca que os participantes adquiran técnicas e coñecementos mediante o desenvolvemento de competencias, habilidades, actitudes e aptitudes no ámbito do comercio e da atención ao cliente.

Mentres, na segunda fase fomentarase a práctica en empresas durante tres meses en campos coma o comercio ou atención ao cliente en postos de comercial, técnico-comercial, administrativo comercial ou xestión de compras.

A primeira xornada do curso tivo lugar este venres (foto: Concello de As Pontes)

A primeira xornada do curso tivo lugar este venres (foto: Concello de As Pontes)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies