Home / Cultura / Arranca ‘Teatro con G’ con dez obras de Teatro Escolar e Profesional en galego

Arranca ‘Teatro con G’ con dez obras de Teatro Escolar e Profesional en galego

FERROL360 | Domingo 6 maio 2018 | 14:55

O Concello de Ferrol, a través da área Educación, e Coordinadora de Equipas de Normalización organiza unha nova edición de Teatro con G cun programa de teatro en galego que combina catro grupos profesionais e seis escolares.

O programa de teatro terá como escenarios o Jofre, o centro Carvalho Calero e o CEE Terra de Ferrol e vai de maio a outubro para todos os centros desde Infantil a Bacharelato. O programa está aberto para todos os colexios da comarca, en función da disponibilidade e prazas do aforo.

A data de comezo será a partir do 8 de maio ata o 30 de outubro en dez xornadas nas que se representarán un total de 19 obras en diferentes escenarios. Básicamente, o programa terá lugar no Jofre aínda que haberá un acto final no mes de outubro cun recitado poético no Carvalho Calero, no Inferniño, para todos os centros participantes no programa como peche da edición.

Ademais, tamén terá lugar unha sesión especial no salón de actos CEE Terra de Ferrol o próximo 25 de maio. No teatro profesional, figuran grupos como Mofa e Befa, Caramuxo Teatro, Os Ghazafelhos que realizarán funcións ideadas para Primaria, Educación Especial, ESO, Bacharelato e Ciclos.

«A intención é conseguir, por medio do teatro, máis espazos de socialización onde os meniños, os nenos e a mocidade se poidan desenvolverse na nosa lingua», comentaba o concelleiro de Educación e Cultura, Suso Basterrechea.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies