FERROL360 | Venres 27 febreiro 2015 | 14:06
Os traballos de mellora e acondicionamento da área recreativa de San Andrés de Teixido deron comezo esta semana. Unhas obras que contan cun orzamento de 30.000 euros, que se financiarán con fondos propios municipais e que teñen un prazo de execución de dous meses.
A intervención contemplará o lixado e barnizado de toda a estrutura de madeira do cenador, así como o saneamento de todas aquelas partes que están en mal estado, a limpeza do tellado e a retirada da maleza.
Tamén se procederá á limpeza do tellado dos aseos e á colocación de novas portas de acceso a estes, cortaránse as ramas e limparánse os canalóns e baixantes da construcción. Ademais, se repararán todos os bancos da contorna e instalaráse unha nova mesa de madeira tratada, con bancos a ambos lados e do mesmo modelo que os xa ubicados. A estes, sumaránse outros catro bancos.
De igual modo, colocarase un valado de madeira para delimitar a área recreativa e separala das fincas colindantes e sustituiránse as travesas dos valados na zona do piñeiral que se atopen en mal estado. Por último, a intervención completaráse coa dotación de catro novas papeleiras.