Home / Actualidad / Arrancan as obras para a construción do novo acceso ó pantalán das Forcadas

Arrancan as obras para a construción do novo acceso ó pantalán das Forcadas

FERROL360 | Sábado 10 setembro 2016 | 14:41

O Concello de Valdoviño iniciou esta semana a construción do novo acceso ó pantalán das Forcadas. Unha actuación que permitirá ensanchar considerablemente a pista actual e facilitar así o paso de autocares e tamén turismos con remolque.

Ata o dagora, o acceso está vetado para este tipo de vehículos, co que as persoas que acuden ás actividades náuticas na zona e utilizan o transporte público para o seu desprazamento deben realizar a pé unha parte do percorrido. Ademais, ao non poder acceder con remolques, o traslado do material resulta unha tarefa non pouca compricada.

Dar solución a ambas cuestións foron as principais motivacións para plantear a actuación que se desenvolve estes días e que o Concello prevé concluír este mesmo mes. O novo acceso contará con catro metros de ancho e os traballos tamén contemplan o asfaltado da vía, de 160 metros de lonxitude.

Paralelamente, e grazas á cesión de terreos de veciños e tamén da Cooperativa de Vilaboa, o Concello está a habilitar unha zona de aparcadoiro no entorno. O orzamento é de 28.000 euros, cofinanciado ó 50 % por Concello e Xunta –a través dunha subvención da Dirección Xeral de Turismo solicitada pola Administración local-.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies