Home / Ferrolterra / Ferrol / Arrancan as visitas teatralizadas ao Castelo de San Felipe

Arrancan as visitas teatralizadas ao Castelo de San Felipe

FERROL360 | Sábado 25 xullo 2015 | 14:35

Este 25 de xullo, Día de Galicia, da o pistoletazo de saída ás visitas teatralizadas ao Castelo de San Felipe. A actividade comezará ás 18:00 horas e terá unha duración aproximada de hora e media. Os interesados en acudir en barco deben acudir ás 17:00 horas ao Porto de Curuxeiras, o prezo é de seis euros ida e volta, e gratuíto para os menores de cinco anos.

Tamén podemos achegarnos por libre a San Felipe e unirnos alí á visita. O número máximo de participantes é de 100 persoas e o prezo da actividade é de seis euros os adultos, catro para os maiores de 65 anos e os nenos entre cinco e doce anos, e de balde para os menores de cinco anos.

Se non chegades a tempo para acudir este sábado á visita, non hai problema porque a actividade repetirase de novo os días 1, 8, 15 e 22 de agosto.

Paseos en barco

Tamén están en marcha xa os paseos en barco pola ría, o servizo de lancha entre Ferrol e Mugardos e as visitas guiadas ao Arsenal Militar e ao estaleiro nun tren turístico. Se queredes ter máis información sobre estas actividades podedes consultala aquí.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies