Home / Sociedad / Empleo / Arrancan os ciclos formativos de Narón nos que participan 75 desempregados

Arrancan os ciclos formativos de Narón nos que participan 75 desempregados

FERROL360 | Mércores 6 abril 2016 | 16:53

Esta semana comenzan as sesións dos cursos formativos para desempregados de peixería, electricidade, e conversa en inglés, incluídas no programa formativo Habilita 2016, con quince alumnos cada un e que rematarán no mes de xuño.

Tamén está en marcha o curso sobre programación e robótica para futuros formadores, con quince alumnos e que rematará tamén en xuño, e está previsto que o día 8 comece un curso de panadería-bolería con quince alumnos e que finalizará en xullo.

Os cinco cursos convocados desde a área de Formación do Concello de Narón diríxense a persoas desempregadas do municipio, maiores de 18 anos, e suporán un total de 1.290 horas de formación, teórica e práctica.

Todas estas accións formativas se imparten nas instalacións do Centro Municipal de Formación da Gándara. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, valorou o éxito deste tipo de cursos que se convocan periodicamente e nos que se inscriben decenas de persoas da localidade.

Hermida anunciou que a administración local continuará apoiando esta vía formativa a través da concellería que dirixe «para así ofrecer á veciñanza desempregada de Narón a oportunidade de ampliar a súa formación e o seu currículo de cara a mellorar as súas posibilidades á hora de optar a un posto de traballo».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies