Home / Ferrol / Cedeira / Arrinca este fin de semana en Cedeira a programación ‘Música na rúa’ co Festival de Buxainas

Arrinca este fin de semana en Cedeira a programación ‘Música na rúa’ co Festival de Buxainas

FERROL360 | Venres 13 xullo 2018 | 14:25

O programa «Música na Rúa» chega de novo a Cedeira na súa sexta edición este fin de semana. O Concello organiza a convocatoria do programa que arrinca a partires do sábado ás 19:00 horas co festival folclórico de Buxainas, na praza Roxa.

O domingo día 15, a actividade trasladarase ao paseo da Mariña no que, ás 13:30 horas, terá lugar a actuación da asociación de acordeonistas de Cedeira.

Unha semana máis tarde, o próximo domingo día 22 a programación retomarase coa actuación de As Atururuxeiras na praza do Peixe, a partir das 13:30 horas, para continuar o día 29 con motivo da celebración da Festa do Percebe. A actuación será ás 13:30 horas no porto pesqueiro e correrá a cargo da banda de música «Vila de Cedeira».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*