Home / Deportes / Ártabras Fene organiza a II Sesión Maxistral co técnico da selección española de Fútbol Sala

Ártabras Fene organiza a II Sesión Maxistral co técnico da selección española de Fútbol Sala

FERROL360 | Jueves 25 xuño 2015 | 9:41

David González Piñón, preparador físico da Selección Española de Fútbol sala feminina e masculina, será o encargado de impartir a II Sesión Maxistral do Ártabras Fene. A cita será este domingo 28 xuño no Pavillón Polideportivo da Xunqueira en San Valentín, Fene.

O técnico da selección absoluta impartirá unha clase teórico-práctica, en horario de 10:30 a 14:00 horas, con entrada libre e gratuíta. González Piñón é un referente para varias xeracións de xogadores en Galicia, e particularmente en Fene, xa que militou no desaparecido Boandanza entre os anos 1994 e 2003. Tamén foi xogador e capitán do Cidade de Narón.

Esta será a última actividade do clube para esta tempada, na que realizaron diferentes programas con periodicidade mensual. Todo un éxito para unha entidade deportiva que trata de promover a formación deportiva en fútbol sala entre xogadores, corpo técnico e familiares de clubs de Ferrolterra. Un éxito que permítelles ser optimistas de cara á próxima tempada.

Publicidad

Banner Error Ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies