Home / Cultura / Artábria acolle a presentación dun libro sobre Castelao do eumés Xesús Andrés López Piñeiro

Artábria acolle a presentación dun libro sobre Castelao do eumés Xesús Andrés López Piñeiro

Detalle do cartaz promocional do evento (cedida)

FERROL360 | Xoves 29 setembro 2022 | 11:06

Este xoves 29 de setembro, o local da Fundación Artábria no barrio de Esteiro acolle contra ás 20:00 horas a presentación de Castelao. Plástica e pensamento. 1903 – 1916, do autor eumés Xosé Andrés López Piñeiro, quen estará acompañado do prologuista da obra, Xosé Manuel Pazo Blanco. A entrada é de balde.

López Piñeiro entrelaza, neste volume, a obra e o pensamento dunha das figuras máis importantes da cultura e intelectualidade galega. «Castelao é un dos referentes de Galicia, tanto no eido político como no literario, mais tamén na plástica, onde se converteu no elo necesario para conquistar o papel relevante que a xeración dos Novos tivo entre a arte europea, e foi dos poucos que soubo ver o papel do realismo na arte e que pelexou a contracorrente contra o costumismo», explican desde Galaxia, que edita o libro.

O autor, nacido en Pontedeume en 1947, estudou Maxisterio e exerceu a docencia na Coruña e Ferrol, para logo licenciarse en Historia, na especialidade de Arte en 1976. Colaborou en A Nosa Terra como crítico de arte e publicou A paisaxe da Nación (2017), sobre o nacemento da pintura de paisaxe, expresión plástica do xurdimento do nacionalismo entre 1912 e 1930.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies