Home / Cultura / Artábria acolle este venres unha completa xornada sobre a visibilidade da muller na música galega

Artábria acolle este venres unha completa xornada sobre a visibilidade da muller na música galega

FERROL360 | Venres 13 outubro 2017 | 10:53

O centro social que a Fundaçom Artábria xestiona no barrio ferrolán de Esteiro acolle este venres, dende as 20:00 horas, unha xornada que xirará sobre a situación da muller dentro do mundo musical galego. Unha mostra de ilustracións, unha mesa redonda e, por suposto, un concerto, todo co obxectivo de levar a cabo unha análise do papel feminino neste sector cultural.

A ilustradora e baixista de Zënzär, Laura Romero, será a muller que abra a xornada, inaugurando a súa expo Músicas Galegas Ilustradas, que poderemos visitar ata novembro, e na que repasa a súa interpretación de músicas galegas como De Vacas, Ana Lee, Sés, as Tanxugueiras ou mesmo a cedeiresa Guadi Galego.

A continuación comezará a mesa redonda onde tomará parte a propia Romero, mais tamén María Xosé Silvar Sés, a cantora e presidenta do colectivo Mulleres Galegas Kañeras, Patty Castro, e a traballadora da Sociedade Cooperativa Galega CUNDE, Cecilia Carballido. Leva por título A visibilizaçom da mulher na música galega.

A artista arzuá MJ Pérez será a encargada de pechar a xornada coa súa música, presentando o seu novo traballo Casandra, o primeiro disco de estudo para ela. Será de balde, como o resto das propostas da xornada, que serve ademais para festexar os 19 anos de traxectoria da entidade cultural ferrolá.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies