Home / Cultura / Artábria entrega por Rexistro ferramentas de xoguete para denunciar o estado da casa de Carvalho Calero

Artábria entrega por Rexistro ferramentas de xoguete para denunciar o estado da casa de Carvalho Calero

FERROL360 | Venres 28 marzo 2014 | 20:23

Unha delegación da directiva da Fundaçom Artábria entregou este venres no Rexistro municipal de Ferrol unhas ferramentas de xoguete e unha carta para o alcalde da cidade, Jose Manuel Rey Varela, como acto simbólico de denuncia da situación na que se atopa a casa de Carvalho Calero.

Con este acto, Artábria manifesta «a hipocrisia e oportunismo dum Governo Municipal ao respeito da figura de Ricardo Carvalho Calero». E é que consideran que o goberno local non está capacitado para reivindicala porque nada fixo por conservar a súa casa e por recuperar a súa figura.

Din desde a entidade que «para evitar ferimentos» as ferramentas son de xoguete, xa que imaxinan que o alcalde descoñece o uso das mesmas posto que é unha persoa totalmente allea ao mundo do trabalho. «Se o senhor Presidente aproveita bem esta ferramenta e dá aprendido a utilizá-la, poderá servir para arranjar a casa natal de Carvalho Calero», recolle a carta.

En todo caso, lembran que a situación da casa de Carvalho Calero é idéntica á de moitos edificios no barrio de Ferrol Vello. «Se o senhor Presidente apanha gosto a restaurar casas, talvez poda restaurar todo o bairro, incluída a deficiente pavimentaçom das suas ruas» e recoméndanlle que, xa posto, tamén pode arranxar os barrios de Esteiro e Canido.

Por último, tamén lle piden a Rey Varela que «corrija o seu comportamento lingüístico e o do seu governo: aprenda galego e expresse-se em galego».

Vituco Santalha e Xende Lopes Teixeiro no Rexistro de Ferrol (foto: Fundaçom Artábria)

Vituco Santalha e Xende Lopes Teixeiro no Rexistro de Ferrol (foto: Fundaçom Artábria)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies