Home / Cultura / Cine / Artesanía creativa, cine, música e obradoiros infantís daranse cita na I Feira de Nadal da cultura de Ferrol

Artesanía creativa, cine, música e obradoiros infantís daranse cita na I Feira de Nadal da cultura de Ferrol

REBECA COLLADO | Ferrol | Martes 15 decembro 2015 | 17:14

O centro cultural Torrente Ballester acollerá a I Feira de Nadal da cultura de Ferrol os vindeiros 26 e 27 de decembro. Escaparte é unha iniciativa creativa na que se aúnan a artesanía creativa, o cine, a música e os obradoiros infantís co obxectivo de dinamizar a cultura local e valorar o traballo artesanal, creativo e emprendedor.

A intención da Concellería de Cultura de Ferrol é «facer unha pequena festa de Nadal que ten que ver coa creatividade local», indicou o concelleiro Suso Basterrechea na presentación da cita. A feira contará con 15 postos de artesanía, cinco concertos, dous coloquios, dous obradoiros e unha proxección de cortos e videoclips de directores ferroláns.

Escaparte nace coa vontade de consolidarse e ten «todos os compoñentes para consolidarse como clásico da cidade», indicou o edil de Cultura. Basterrechea engadiu que é «un pequeno escaparate que da imaxe da riqueza creativa da actividade cultural da cidade». O Concello achega 9.000 euros para este proxecto.

A cooperativa cultural galega Andaravía tamén involucrouse na organización da cita e unha das súas integrantes, María Farias, afirmou que as pezas que se exhibirán en Escaparte «non é doado atopalas no circuito comercial». Outra das integrantes da cooperativa, Laura Cunha, comentou que «é unha feira de dignificación para valorar aos artesáns» e amosar que se pode vivir da arte.

Programación

Nos postos de artesanía atoparemos pezas realizadas en punto, decoración, cerámica, ilustración, vidro e fotografía, entre outros. Estarán abertos en horario de 11:00 a 21:00 horas. Os coloquios será o sábado 26, ás 11:30 horas, sobre artesanía e emprendemento a cargo de Nicanora Confeccións. O domingo versará sobre o Chanfaina Lab San Sadurniño, a cargo de Manolo González.

Para os peques da casa haberá dous obradoiros infantís de balde: Rita-rita, o sábado 26 ás 18:00, e A Vella Fábrica de Lapis, de pintura en tea, o domingo 27 á mesma hora. Os concertos serán o sábado 26, ás 12:30, con Cabe García & Juan Padín; ás 17:00 horas tocaralle o turno a Abuin&The Iruki Small e ás 19:00 horas a Rubén Artabe.

Xa o domingo 27 subirase ao escenario Böj para ofrecer un concerto ás 12:30 e ás 19:00 horas tocaralle o turno a Carrero Bianco. O mesmo día haberá unha proxección de cortos e vídeos realizados por directores de Ferrol con Peque Varela, Rubén Coca, Carlos A. Quirós e Juanpa Ameneiros, ás 17:00 horas.

2 comentarios

  1. Se dice, se comenta, circula que ya no va a tener a sesor disfrazado de administrativo grupo municipal ferrol en común. Se dice, se comenta y circula que ya hay otra candidata a administrativa. Vamos a por el tercer nombre. Se admiten apuestas

    • Dende logo hai xente q moito fervelle a sangue,e moito tempo libre ten para estar tan preocupado de quen vai ocupar o posto de administrativo no grupo de Fec.Algunha persoa sera, e sexa cal sexa crtiticas vai levar,tomadeo con tranquilidade q ainda vos queda moito tempo para roer en Ferrol en Comun.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies