Home / Cultura / Artesanía, teatro, música e baile na XXI edición do Oenach Atlántico de Sedes a próxima fin de semana

Artesanía, teatro, música e baile na XXI edición do Oenach Atlántico de Sedes a próxima fin de semana

FERROL360 | Doming 21 xullo 2019 | 12:51

O recinto feiral do Trece na parroquia naronesa de Sedes acolle os vindeiros días 26, 27 e 28 de xullo a XXI edición do Oenach Atlántico de Sedes. Unha cita na que se desenvolverán unha gran variedade de actividades artesanais, teatrais, deportivas, musicais e de baile, así como un mercadiño artesán.

Na organización deste evento festivo participan a AVV Rosa dos Ventos así coma o Concello de Narón, e a Xunta de Galicia. A iniciativa aposta por recrear as raíces da cultura e os modos de vida rurais a partir da cultura castrexa e que este ano ademais contará coa colaboración da entidade veciñal de Esmelle.

O Oenach Atlántico de Sedes declarouse Festa de Interese Turístico de Galicia e os actos programados desenvolveranse no recinto da campa do Trece e nas súas inmediacións.

A programación comenzará o venres 26 co tradicional acendido de lumes nuns recipientes de ferro ás 22:30 horas, pouco despois sobre as 22:45 horas, dará comezo un concerto de Leilía, un grupo de música tradicional galega de cantareiras e pandereteiras composto por seis voces femininas que ten como obxectivo á recuperación da tradición galega.

Os dous seguintes días, tanto o sábado 27 como o domingo 28 a celebración continuará de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas con diferentes propostas para todo o mundo.

Polas mañás abrirá un mercado de artesanía con produtos de calidade vencellados á cultura celto galaica, ademais, tamén haberá xogos e obradoiros para persoas de diferentes idades dende petroglifos, a perforación de pezas de cerámica e madeira e técnicas de acendido do lume, así como a recreacións de oficios na campa castrexa de talla de madeira, de canteado de pedras e de cestas.

O Cuarteto Rinchón actuará en tres sesións, ás 11:30 horas, 16:00 e 18:00 horas, ás 12:00 horas será o momento da actuación infantil a cargo de Rilo&Penadique e despois sesión vermú ás 13:30 horas a cargo de Tiruleque.

Pola noite, ás 22:30 horas dará comezo a Noite no castro, cunha representación da Grande Compañía de Teatro Comunitario de Sedes. Os veciños e as veciñas de Sedes son os protagonistas desta proposta teatral chamada «Buscando a Fara».

Ás 00.00 horas rematará o programa do sábado cunha mexilloada e repichoca na campa do Trece, unha das novidades desta edición.

Teatro e música

O domingo 28 o cuarteto Rinchón repite sesións de mañá e tarde co mesmo horario do sábado, tamén pola mañá, explicou Natalia Hermida, a edil de Turismo, recuperarase unha das propostas de anos anteriores, a exhibición de cans de palleiro a partir das 12:00 horas.

Ás 13:00 horas haberá unha nova recreación teatral na campa a cargo do Grupo de Teatro Comunitario de Sedes coa a obra «A conquista de Gallaecia», unha comedia na que se aborda a reconquista por parte dos romanos de Gallaecia.

A maiores, ás 16:30 horas haberá unha actividade para toda a familia, a cargo de Xogos Paporrubio e tamén actuarán a Banda de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón ás 17:00 horas e o grupo de danza tradicional Alxibeira ás 18:00 horas.

O espectáculo infantil «A danza da choiva», da compañía Elefante Elegante ás 18:15 horas e a actuación musical de Pelepau ás 19:00 horas pecharán a programación desta nova edición do Oenach Atlántico.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies