Home / Ferrol / Ares / As alfombras florais regresan a Ares logo do paro da pandemia

As alfombras florais regresan a Ares logo do paro da pandemia

Imaxe de arquivo das alfombras florais no Corpus Christi de Ares (foto: Mero Barral / 13fotos para Ferrol360)

FERROL360 | Martes 17 maio 2022 | 20:43

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, xunto as concelleiras de Cultura e Turismo, Alma Barrón e Lucía Blanco, estiveron coa presidenta da asociación de Alfombras Florais da localidade, Teresa Muíños, e as colaboradoras da entidade para presentar una nova edición do alfombrado da vila logo de dous anos se celebrarse este evento co que se conmemora o Corpus Christi.

Será os días 18 e 19 de xuño cando as rúas de Ares presuman de novo de tapices floridos nunha festa declarada de Interese Turístico de Galicia no 2011 e que conta con máis de catro décadas de tradición. Con todo, adiantan desde o Concello, este ano chegarán as alfombras nun formato algo maís reducido do habitual, en gran parte pola «ausencia de persoas dabondo para executar o enorme traballo que supón».

Fronte a este decrecemento no número de persoas involucradas, a asociación uniu forzas e realizará unha única alfombra entre os 6 tramos que a compoñen, cubrindo cun tapiz floral toda a superficie dende a Alianza Aresana ata o paseo marítimo: «O amor polas nosas tradicións, polo noso Corpus; o amor pola nosa vila, por este Ares que sabe tanto de unión e solidariedade, fai que queiramos continuar aínda que teñamos que facelo nunha edición reducida», explican.,

Iso si, a entidade prevén recuperar o formato habitual o vindeiro ano, facendo un chamamento as mans colaboradoras. A próxima semana comezarán a habilitarse espazos de picado e preparación de materiais e convidan ás persoas que o desexen a unirse canda elas, facendo fincapé nun chamamento á xente máis moza que terá a responsabilidade de seguir coa tradición nun futuro.

O Concello súmase a festa organizando o concurso de decoración de negocios, balcóns e fachadas de vivendas con flores e elementos tradicionais do Corpus para que toda a vila participe e ofreza unha imaxe floral aos visitantes. O certame irá desde o 18 de xuño ás 22:00 horas do 19 de xuño, agasallando as tres mellores decoracións tanto de negocios como de particulares con 100 euros. Para participar, cómpre enviar a fotografía xunto coa localización e datos persoais ao 690 021 106 vía WhatsApp ou ao correo electrónico cultura@concellodeares.com.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies