Home / Ferrol / Neda / As andainas turísticas de Neda finalizan este domingo cunha saída polo casco histórico e A Rabadeña

As andainas turísticas de Neda finalizan este domingo cunha saída polo casco histórico e A Rabadeña

FERROL360 | Mércores 20 febreiro 2019 | 9:56

Coa celebración este domingo da cuarta Andaina Turística, o Concello de Neda pechará a presente edición dun programa que está a reunir a máis de cen persoas en cada unha das saídas. A prevista para o día 24 levará aos participantes a coñecer o casco histórico da vila e máis a visitar a zona da Rabadeña.

A experiencia terá unha duración aproximada de dúas horas e media e dará comezo ás dez da mañá no adro da igrexa de Santa María. As persoas que poidan estar interesadas teñen de prazo ata o venres 22 para formalizar a inscrición, xa sexa de forma presidencial ou vía telefónica, nas oficinas do Concello (teléfono 981 380 039) ou na Casa da Cultura (981 390 233).

Coa organización deste tipo de iniciativas o executivo local busca dar a coñecer a riqueza patrimonial e
paisaxística do seu territorio. O programa que arrincaba o pasado 13 de xaneiro levou aos participantes a
coñecer máis de cerca o coto de Ancos, a zona do Roxal, o miradoiro de Viladonelle, a parroquia de Anca
e o monte Louseira, e o próximo domingo Santa María, o casco histórico e a Rabadeña.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies