Home / Sociedad / Educación / As asociacións e Anpas de Narón xa poden solicitar as axudas para a organización de actividades

As asociacións e Anpas de Narón xa poden solicitar as axudas para a organización de actividades

FERROL360 | Domingo 26 xullo 2015 | 18:28

Estas axudas contan cun orzamento total de 40.000 euros e serven para sufragar os gastos derivados das actividades que as entidades e Anpas de Narón realizan ao longo do ano. O prazo para a súa solicitude xa está aberto e os interesados deberán presentar no Rexistro toda a documentación pertinente, antes do 16 de agosto.

As áreas que se poden beneficiar da convocatoria son as de Medio Ambiente, Infancia, Igualdade ou recuperación do patrimonio, entre outras. As deportivas non poden participar posto que xa teñen unha convocatoria específica.

Para máis información, as entidades locais poden poñerse en contacto coa Escola de Participación Cidadá de Narón, ubicada na Casa da Cultura, xunto ao Concello, ata o vindeiro 31 de xullo. É preciso concertar cita a través do teléfono 629.747.336 (Maica) ou no enderezo: escoladeparticipacioncidada@cidadania.coop.

Nas oficinas ofrecerase ademais axuda ás persoas que o requiran para cubrir os impresos e solicitar os proxectos aos que se destinarán as axudas, que deberán xustificarse no primeiro trimestre de 2016.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies