Home / Cultura / As Escolas Culturais Municipais de Narón amplían o prazo unha semana

As Escolas Culturais Municipais de Narón amplían o prazo unha semana

FERROL360 | sábado 3 octubre 2015 | 18:10

A concelleira de Cultura, Marián Ferreiro, anunciou a ampliación do prazo establecido inicialmente para matricularse nas Escolas Culturais Municipais.

A edil naronesa indicou que ante a elevada demanda de prazas nas diferentes escolas –que se ofertan a través do Padroado da Cultura, as persoas interesadas poderán formalizar a súa matrícula nas oficinas do Pazo da Cultura ata o vindeiro sábado, día 10 de outubro.

Na modalidade de Escolas tradicionais ofértanse clases de Danza –a partir de 5 anos-; Gaita e Percusión –ambas opcións desde os 6 anos-, Canto e Pandeireta –desde os 5 anos-; Zanfona –a partir de 8 anos-; Construción de Instrumentos –maiores de 16-; O Recuncho dos Pequechos -3 e 4 anos- e, como novidade este ano, tamén haberá de Acordeón –desde 8 anos-, cuxas clases impartirá o mestre Jorge Vázquez.

O prezo de cada curso é de 63,10 euros. Entre as enmarcadas na área de Artísticas están as clases de Debuxo –maiores de 6 anos- e Teatro –desde os 14-, co mesmo prezo que as anteriores.

Así mesmo, amplíase tamén o prazo para anotarse ás clases da Escola de Actores e Actrices, que custa 63,10 euros o curso de acceso e 208 euros os niveis de primeiro, segundo e terceiro, e nas de Bailes de salón, cun prezo de 31,60 euros por matrícula.

As persoas que se inscriban en tres ou máis cursos poden acollerse ao aprazamento de pago, abonando o importe correspondente do 9 ao 12 de decembro. Para recibir máis información ao respecto pódese chamar ao Pazo da Cultura de Narón, ao teléfono 981 391 144.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies