Home / Cultura / As Forcadas acolle este sábado o espectáculo de ciencia ficción ‘O Autoestopista Intergaláctico’

As Forcadas acolle este sábado o espectáculo de ciencia ficción ‘O Autoestopista Intergaláctico’

Ferrol360 | Sábado 12 agosto 2017 | 11:30

Nova cita co programa municipal de Valdoviño Escenarios Paralelos este sábado co espectáculo de ciencia ficción ‘O Autoestopista Intergaláctico’. Será ás 19.30 horas no club náutico As Forcadas, a cargo da compañía Pista Catro.

‘O Autoestopista Intergaláctico’ é un show de ciencia ficción onde o artista Aitor Garuz emprega o clown e o transformismo, continuas mudanzas de vestiario e de personaxes cómicos, que dan como resultado escenas divertidas e absurdas.

Un burato espazo-temporal entre varias dimensións é o pretexto argumental que dá pé ao arranque do show e que servirá de motor para a aparición de cada personaxe, cada un máis singular que o anterior.

Dotados de poderes propios, desafían a lei da gravidade con equilibrios imposibles, teñen control dos obxectos malabares, paralizan ó público con monólogos que producen gargalladas…

Escenarios Paralelos é un programa cultural deseñado polo Concello de Valdoviño coa colaboración da Deputación a través da Rede Cultural.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies