Home / Actualidad / «As fotos, ao seu debido tempo»: El ‘recado’ a Ángel Mato del alcalde de San Sadurniño

«As fotos, ao seu debido tempo»: El ‘recado’ a Ángel Mato del alcalde de San Sadurniño

Mato y García en un fotomontaje.

FERROL360 | Domingo 17 enero 2021 | 20:47

La reunión de alcaldes promovida por el regidor ferrolano Ángel Mato y el presidente de la Diputación de A Coruña, así como sus posteriores declaraciones, han traído cola. El BNG está siendo tremendamente crítico por lo que consideran una incoherencia por parte de los participantes cuando hay un gobierno del PSOE en Madrid y uno del PP en Compostela.

El portavoz del BNG de Ferrol, Iván Rivas, afirmó que los regidores socialistas con Mato a la cabeza habían quedado «retratados co seu silencio diante dos orzamentos xerais do Estado que non adican un só euro á nosa cidade». Además, incidió en la que fórmula propuesta por el alcalde ferrolano —una mesa de trabajo— se trata de «unha fórmula xa probada e fracasada».

No obstante, las palabras más duras hacia Mato y la reunión de alcaldes han llegado del regidor de San Sadurniño, el nacionalista Secundino García, que ha trasladado a la prensa un artículo de opinión que ha titulado «as fotos, ao seu debido tiempo».

Reproducimos íntegramente el texto:

Abraiado. Así quedei hai uns días cando vin nos medios unha foto de grupo dos alcaldes e representantes socialistas da comarca, encabezados polo presidente provincial, pedindo a creación dunha mesa de traballo para a reindustrialización e a reactivación económica da nosa zona, ademais de escenificar o seu compromiso de defender «con uñas e dentes» o noso futuro.

Mirando a foto, e tamén a carta recibida para sumarme á iniciativa, repasei mentalmente cantas mesas de traballo levamos creado nos últimos anos para todo: polo tren, pola transición enerxética xusta na térmica de Endesa, pola reactivación do sector naval, para demandar infraestruturas de calidade… E mentres armamos mesas e nos retratamos arredor delas —eu incluído—, a comarca vai a pique, sen solucións nin a curto nin a medio prazo.

Antes era culpa de Rajoy e compañía; das dereitas e das súas políticas ultraliberais a prol do grande capital, non en favor da xente. Pero agora levamos xa unha boa temporada dun cogoberno PSOE-Podemos no Estado que se anunciou como salvador dos dereitos das clases traballadoras e máis desfavorecidas. E a cousa segue igual: Endesa pechada e sen plan de compensación nin para transportistas nin para o resto de negocios afectados directa ou indirectamente, construción naval que desvía os encargos aos estaleiros do sur, un ferrocarril do século XIX, a autoestrada aínda máis cara —a pesar de ter asinado co BNG que ía ser gratuíta—, ALCOA a piques de morrer por non dispor dunha tarifa eléctrica competitiva e, o último, Siemens-Gamesa As Somozas clausurada malia ser o eólico un sector en expansión.

Ben é certo que no peche da factoría de pás das Somozas boa parte do mérito teno o PP, quen tumbou o plan eólico do bipartito e con el a garantía de que a explotación do noso vento se traducise en investimentos na propia industria da aeroxeneración e noutras fundamentais para manter o noso tecido económico.

Sexa como for, o panorama actual é o que é e tócanos a todos os alcaldes e alcaldesas da zona remar na mesma dirección para revertelo. Pero iso non é algo que se faga só con fotos, declaracións institucionais e mesas de traballo que non deixan de ser un brinde ao sol co que acaparar portadas na prensa ou, se se quere, un lavado de conciencia dos seus protagonistas na crenza de que así arreglan algo.

Como alcalde dun concello pequeno —e afectado tamén polo abandono xeral que vive a nosa comarca— sempre estarei do lado do debate construtivo, de propor medidas que nos saquen do atraso e que nos aseguren un futuro sostible, moitas delas repetidas ciclicamente desde que teño memoria política. Pero tamén coido que é momento de petar na mesa, mellor dito, é momento de que o PSOE que goberna boa parte do norte de Galicia lle esixa ao seus, aos que gobernan en Madrid, e non só a quen mandan na Xunta, que cumpran coa nosa zona naquilo que é da súa competencia.

Estamos chegando a un punto sen volta atrás, acentuado aínda máis por unha pandemia de consecuencias incalculables. Por esta razón, ou se forzan cambios con compromisos firmes acompañados de investimentos e prazos concretos para levalos a cabo, ou á volta duns anos a nosa comarca, tan puxante no último século, acabará convertida nun deserto socioeconómico.

Sentemos e falemos todo o que haxa que falar, pero non nos demoremos máis e asumamos que «defender con uñas e dentes» significa rabuñarlle e trabarlle, se é necesario, tamén  ‘aos nosos’. E xa haberá tempo de sacar a foto cando todo o que se consiga para a comarca sexa unha realidade e signifique unha mellora palpable na calidade de vida das nosas veciñas e veciños.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies