FERROL360 | Venres 18 maio 2018 | 00:00
A Agrupación Instrutiva de Caamouco acolle este sábado a presentación do libro «Historias de neofalantes» no marco dos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas. A cita comezará ás 20:00 horas e contará coa presenza do autor desta obra, Manuel Blanco Dans.
O evento a desenvolver no centro social da Tenencia servirá tamén para «crear un interesante debate sobre a situación do noso idioma», afirma a entidade promotora. A publicación, engade, «é unha escolma de entrevistas de persoas que falaban noutro idioma e decidiron mudarse ao galego, comezando polo seu propio autor».
Debate sobre el post