Home / Cultura / As Letras tamén se festexan en Canido

As Letras tamén se festexan en Canido

Imaxe de arquivo doutra foliada organizada por Artábria en Canido (foto: Fundaçom)

FERROL360 | Mércores 17 maio 2023 | 10:00

A Fundaçom Artábria promove este mércores Día das Letras Galegas unha xornada lúdico-reivindicativa para festexar esta data. A ruada sae do seu centro social en Esteiro ás 11:15 horas e finaliza na praza do Inferniño para participar na concentración organizada pola Plataforma Queremos Galego ás 12:00 horas.

Despois, ás 13:30 horas no Centro Cívico de Canido, en colaboración coa entidade veciñal do barrio e a Deputación da Coruña, organiza unha foliada con vermú e petiscos a prezos populares. Ás 15:00 horas terá lugar un xantar popular con arroz de Vidal e opcións veganas. O peche da festa estará da man do grupo folk Brixta ás 16:30 horas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies