Home / Actualidad / As Marchas da Dignidade de Ferrolterra habilitan buses para participar en Ocupemos o Obradoiro

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra habilitan buses para participar en Ocupemos o Obradoiro

FERROL360 | Domingo 23 novembro 2014 | 17:01

O sábado 29 de novembro as Marchas da Dignidade mobilizaranse en Santiago de Compostela no acto Ocupemos o Obradoiro, para reclamar unha vez máis Pan, Traballo e Teito. Desde a entidade de Ferrolterra habilitan autobuses para aqueles que desexen participar na protesta.

Os interesados en participar deben escribir ao correo marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com ou chamar ao teléfono: 603.213.863 co fin de anotarse. O prezo do billete de ida e volta é de cinco euros.

A saída dos buses será ás 09:00 horas desde o barrio de Recimil, nas inmediacións do monumento 10 de Marzo. Haberá paradas en Caranza ás 09:05 horas; Fene, fronte ao Gadis da Avenida Naturais ás 09:10 horas e Cabanas, fronte ao Sarga ás 09:15 horas.

Deste xeito esperan chegar ao Mercado do Gando ás 10:30horas para reagruparse cos que tamén van en coche e ás 11:00 horas sair cara a Praza do Obradoiro, onde está prevista a concentración na que confluirán as cinco columnas que parten desde diferentes comarcas de Galicia.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies