Home / Cultura / As mil e unha noites, teatro familiar para espantar a choiva este mércores

As mil e unha noites, teatro familiar para espantar a choiva este mércores

FERROL360 | Mércores 26 agosto | 11:35

Será no Centro Cultural Torrente Ballester e non na Praza Vella, por mor da choiva. Mais non haberá máis trocos, o carromato de Ghazafelhos Teatro chegará este mércores ás 20:00 horas da man da área de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol, cheo de xenios nas súas lámpadas marabillosas e mil e unha sorpresas.

Herbas aromáticas, coxíns, panos de cores, alfombras voadoras, bailarinas exóticas, ladróns e aventureiros… As mil e unha noites lévanos até Bagdad, na misteriosa Persia, a través de Montse Piñón, Pepablo Patinho e Jorge Casas forman, o trío de actores ferroláns que chega á cidade naval para levarnos nunha viaxe inesquecíbel.

Esta peza teatral en galego, adaptada pola compañía, recrea os contos máis míticos de Oriente, coma Aladiño e a lámpada marabillosa ou Alibabá e os corenta ladróns, contando coa participación do público que fará de improvisada Sherezade para tentar facer rir ao sultán.

Mércores 26 agosto ás 20:00 horas no Torrente Ballester. Todos os públicos. De balde.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies