Home / Cultura / As mozas arrasan nos premios literarios polas Letras en Pontedeume e Ortigueira

As mozas arrasan nos premios literarios polas Letras en Pontedeume e Ortigueira

Xulia Rey recollendo o galardón (foto: Concello de Pontedeume)

FERROL360 | Luns 17 maio 2021 | 20:06

Xulia Rey de la Vega é a gañadora do XXXI Concurso de Contos Vila de Pontedeume pola súa obra Bágoas dun raposo. Trátase este dun galardón que promove o Concello eumés e que está dotado cun premio de 600 euros. Ademais, Victoria Rodríguez Bellón obtivo o accésit con Esta preocupación que eu teño.

O Concello publicou o fallo coincidindo este lunes co Día das Letras nun acto que se celebrou na Casa da Cultura de Pontedeume e no que tamén se presentou o quinto volume da compilación dos contos gañadores do concurso nos últimos cinco anos. O obxectivo pasa por «estimular a creación literaria por parte da mocidade» e está dirixido a mozas e mozos de segundo ciclo da ESO, Bacharelato e ciclos medios e superiores menores de 20 anos.

O Concello de Ortigueira tamén elixiu o marco das Letras Galegas para entregar os premios do primeiro concurso de microrrelatos Arrós. Este domingo celebrouse un acto no Teatro da Beneficencia que serveu para entregarlle os galardóns ás gañadoras, tamén todas mulleres, e tamén para lembrar a Xela Arias.

De feito, o primeiro premio recaeu en Valentina Calvín Durán por Xela e eu; o segundo foi parar a Antía Bellas Cheda por Patricia e o libro máxico, e o terceiro para Arsenii Poliova por A miña amiga. O profesor do IES Ortigueira, Sindo Martínez, fixo unha semblanza da autora homenaxeada, e actuaron Celso Sanmartín e Quico Cadaval ademais da Escola de Gaitas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies