Home / Cultura / As músicas de Juan Sebastián Vera & Dueto Ánimos soarán este venres na Casa da Cultura de Fene

As músicas de Juan Sebastián Vera & Dueto Ánimos soarán este venres na Casa da Cultura de Fene

FERROL360 | Xoves 6 outubro 2016 | 12:26

Composicións de Astor Piazzola, Fredy Mercury, Antonio Lauro ou Carlos Vieco soarán este venres na Casa da Cultura de Fene no concerto de Juan Sebastián Vera & Dueto Ánimos. A actuación, con entrada libre e prevista para as oito do serán, encádrase no Encontro Internacional de Pulso e Púa 2016 que organiza a asociación cultural Pórtico das Artes coa colaboración da Deputación da Coruña, Concello de Fene e outros quince concellos da provincia.

Virtuoso da bándola solista, o músico Juan Sebastián Vera participa habitualmente en producións discográficas e encontros internacionais deste instrumento. Tamén pertenceu a diversas formacións coas que sempre conseguiu importantes premios, dentro e fóra da súa terra. Compositor e docente, na actualidade, é tamén director da Estudiantina de Chía, Colombia.

O dúo Ánimos, pola súa banda, está formado polo propio Juan Sebastián Vera e polo tamén músico Luís Fernando que o acompaña coa guitarra clásica. Ambos os dous artistas son orixinarios de Chía.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies