Home / Actualidad / As obras de recuperación da Sala Áncora para convertila nun Espazo Xove comezan a vindeira semana

As obras de recuperación da Sala Áncora para convertila nun Espazo Xove comezan a vindeira semana

FERROL360 | Domingo 23 novembro 2014 | 18:24

O Concello de Cedeira iniciará a próxima semana as obras de rehabilitación da Sala Áncora para convertila nun auténtico punto de encontro para a mocidade baixo a denominación de Espazo Xove. A intervención, orzamentada nuns 50.000 euros, levaráse a cabo con fondos propios municipais.

Emprazada no parque do Sagrado Corazón, trátase dun espazo multifuncional moi deteriorado no seu interior, especialmente a carpintería e pintura, polas filtracións de auga que sufriu a través da súa cuberta.

O futuro Espazo Xove pretende converterse en centro neurálxico da mocidade cedeiresa, no que se promova a educación no tempo libre a través dun ocio colectivo e social dinámico para os mozos. Para iso, a recuperación do inmoble pasa por gañar en luminosidade e acadar maior ventilación coa apertura de novas fiestras e o peche dos actuais orificios de ventilación.

Sustituiráse a actual carpintería de madeira e insonorizaráse a estancia. Ademáis, pintaráse o interior e colocaráse nova impermeabilización. Crearase tamén unha rampa de acceso dende o exterior para mellorar a accesibilidade e reedistribuiráse o espazo interior para facelo completamente accesible.

Os baños serán adaptados e, por último, renovaráse a instalación de electricidade e colocaránse novos puntos de luz tipo led, de cara a facer o inmoble máis enerxeticamente sostible.

En paralelo ás obras, o Concello traballará na programación das instalacións para a que prevé talleres de arte alternativo, música moderna, baile; proxeccións e conferencias; cursos formativos adaptados aos seus intereses ou mesmo pequenos concertos. Unha programación específica e adaptada aos seus gustos.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies