Home / Ferrol / Fene / As pernoitas na rede pública de albergues do Camiño Inglés aumentaron un 61 % o pasado ano

As pernoitas na rede pública de albergues do Camiño Inglés aumentaron un 61 % o pasado ano

FERROL360 | Domingo 18 xaneiro 2015 | 13:59

Espectacular incremento no número de pernoitas na rede pública de albergues do Camiño Inglés no pasado ano 2014. En total, rexistráronse 10.530 pernoitas, o que supuxo un incremento de máis do 61 % en comparación coas rexistradas no ano 2013.

Neste último ano 2014 implementáronse 30 novas prazas no Camiño Inglés grazas á apertura dun novo albergue en Sergude-Carral. Deste xeito, a rede pública de albergues da Xunta abarca no Camiño Inglés cinco aloxamentos públicos que ofrecen aos peregrinos un total de 139 prazas.

En canto ao número de peregrinos, durante 2014 recolleron a Compostela 7.194 peregrinos procedentes do Camiño Inglés, un 62,35 % máis que no ano 2013.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies