Home / Sociedad / Naturaleza / As plantas e as flores danse cita este domingo en San Sadurniño

As plantas e as flores danse cita este domingo en San Sadurniño

FERROL360 | Martes 19 abril 2016 | 13:31

San Sadurniño acollerá este domingo a súa tradicional Feira da Plantación, unha cita que chega este ano á vixésimo primeira edición. Organizada pola área de Desenvolvemento local, en colaboración coa Deputación e os viveiros Vivergal, a feira busca promocionar a produción e a comercialización agrícola na zona e poñer en valor o cultivo da terra como factor de desenvolvemento socieconómico.

Entre as 10:00 e as 19:00 horas, unha gran carpa situada nas inmediacións do colexio público acollerá numerosos expositores de venda de planta, tanto frutífera coma ornamental ou medicinal. E tamén acudirán tamén diversos postos de alimentación, artesanía ou maquinaria agrícola.

Ademais haberá diversas actividades para todos os públicos. Ás 12:00 horas, a Asociación Brío ofrecerá unha exhibición de danza e ximnasia rítmica, un espectáculo que estará centrado na situación das persoas refuxiadas. A partir das 16:30 horas, os nenos e nenas maiores de tres anos poderán participar nun obradoiro de decoración de macetas biodegradables.

Como cada ano, os asistentes levarán de recordo unha planta e poderán participar en sorteos cos boletos que reciban polas compras que realicen. O Concello de San Sadurniño agarda superar a cifra dos 5.000 visitantes que congregou o pasado ano.

As persoas interesadas en acudir cos seus expositores á Feira da Plantación teñen ata mañá mércores para cubrir a solicitude dispoñible neste enlace. Logo deberán presentala no rexistro municipal, enviala por correo electrónico a agustin.perez@sansadurnino.gal, ou ben por correo postal ao Concello -Lugar do Casal nº 16, 15560, San Sadurniño-. Máis información nos teléfonos: 981 490 027 / 616 332 919.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies