Home / Eume / As Pontes / As Pontes abre o prazo para solicitar as axudas de apoio á escolarización

As Pontes abre o prazo para solicitar as axudas de apoio á escolarización

FERROL360 | Venres 22 xuño 2018 | 9:28

O Concello de As Pontes vén de abrir o prazo para solicitar as axudas de apoio á escolarización para o curso escolar 2018-2019. Estas achegas están destinadas a atender os gastos de adquisición de libros e material escolar do alumnado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos do municipio.

O goberno local destinará 30.000 euros a estas axudas cuns importes que serán de 30 euros no caso do primeiro ciclo de infantil, 100 euros no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e secundaria e de 140 euros no caso dos ciclos formativos e bacharelato.

Para solicitar estas achegas é necesario ter presentado a solicitude de reserva de matrícula ou de admisión nun centro público da localidade e estar ó corrente coas obrigas fiscais da Axencia Tributaria, Seguridade Social e Concello de As Pontes.

Ademais, para acceder a estas axudas terase en conta a valoración da situación familiar do solicitante que se elaborará desde o departamento de Benestar Social do Concello de As Pontes. Os ingresos anuais dos demandantes non poden superar os 19.500 euros.

O prazo para solicitar as axudas remata o 5 de xullo e é preciso cubrir a solicitude no rexistro xeral ou na sede electrónica do Concello así como achegar a documentación esixida. Os estudantes de bacharelato e ciclos formativos que realicen a matrícula no mes de setembro poderán presentar as súas solicitudes ata o 28 de setembro.

O pagamento da axuda realizarase por medio dun vale trocable nas distintas librarías de As Pontes, con data límite ata o 31 de outubro de 2018.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies