Home / Eume / As Pontes / As Pontes acolle este domingo a quinta edición do ‘Ironman Northwest Triman’

As Pontes acolle este domingo a quinta edición do ‘Ironman Northwest Triman’

Northwest Triman 2016 (foto: Northwest Triman)
Northwest Triman 2016 (foto: Northwest Triman)

FERROL360 | Luns 11 xuño 2018 | 9:42

Este domingo, 17 de xuño, As Pontes acolle unha das probas deportivas máis exitosas da vila nos últimos tempos o V Ironman Northwest Triman. Unha proba que se desenvolverá en diferentes puntos de As Pontes e que polo tanto afectará de forma importante ao tráfico rodado.

Así, desde o Concello de As Pontes informan que haberá numerosos cambios na circulación de vehículos no centro urbano. Durante a xornada do domingo, desde as 7:00 e ata as 17:00 horas, estarán pechadas ao tráfico e estará totalmente prohibido estacionar na rúa da Casilla, Rego do Muíño e a estrada AC-861 permanecerá cortada ao tráfico ata a localidade de Santaballa.

No caso da Avenida das Veigas permanecerá pechada pero haberá un paso regulado por axentes nos cruces da igrexa e do conservatorio de música, de igual xeito na Avenida de Galicia con paso regulado por axentes na praza do hospital e na Avenida de Lugo, que terá paso regulado entre as rúas Presa de Alende e rúa Cuiña, así como rúa Cuiña e via Romana.

Tamén haberá prohibición de estacionamento na rúa Luís Seoane desde Avenida de Galicia ata o tanatorio en ambas as marxes durante o mesmo horario. A entrada e saída de As Pontes, así como o acceso e regreso da localidade de Ortigueira, realizarase polo Brixeo, Avenida Campeiras, Avenida Ortigueira, praza do Hospital, rotonda dos Patos, poligono dos Airios e autovía AG-64.

O acceso e saída ao lago durante este horario realizarase por praza do Hospital, Avenida de Ortigueira ata a AC-101 no Brixeo, onde tomarán dirección ao lago con paso regulado por axentes. Haberá acceso á gasolineira da Casilla, pola rúa Illade (poboado das Veigas) e o regreso pola rua Piñeiral, que ese día cambiará o seu sentido de circulación.

Desde o Concello de As Pontes solicitan a colaboración e comprensión da veciñanza, e piden desculpas polas molestias que poida causar a organización do evento.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*