Home / Actualidad / As Pontes acollerá a xuntanza de CxG ‘A Europa que queremos’

As Pontes acollerá a xuntanza de CxG ‘A Europa que queremos’

FERROL360 | Domingo 4 maio 2014 | 18:22

O vindeiro martes, a partir das 20:30 horas, terá lugar na Casa Dopeso de As Pontes o encontro ‘A Europa que queremos’, convocado por Compromiso por Galicia.

No acto, que será presentado pola concelleira Jéssica Fernández, participarán o secretario xeral da formación, Xoán Bascuas, e o candidato ao Parlamento Europeo, Paulo Carlos López.

Nel debateranse as liñas a seguir de cara ás eleccións europeas do próximo 25 de maio. O título responde ao obxectivo por valorar a problemática actual e estudar as posibles vías de cambio. Segundo Paulo Carlos López, «non queremos saír de Europa, queremos cambiala, que poña por diante os intereses da cidadanía e na que os galegos teñamos peso nas institucións europeas para defender os intereses do noso pobo».

CxG pretende fuxir do «mitin habitual» para ofrecer un espazo que fomente o intercambio de pareceres entre poñentes e o propio público. Fernández indicou que a xornada «persegue ser algo dinámico onde os asistentes poidan preguntar, discutir e poñer en cuestión o que se di».

Pola súa banda, Bascuas eloxia aos candidatos do seu partido por posuír, di, «unha enorme capacidade de traballo e serán dignos e dignas representantes dunha Galicia viva e dinámica que queremos proxectar e defender».

O encontro de CxG terá lugar o martes ás 20:30 horas na Casa Dopeso de As Pontes

O encontro de CxG terá lugar o martes ás 20:30 horas na Casa Dopeso de As Pontes

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies