Home / Eume / As Pontes / As Pontes busca cartaz para a 40 edición da Feira do Grelo

As Pontes busca cartaz para a 40 edición da Feira do Grelo

FERROL360 | Xoves 16 xaneiro 2020 | 10:29

O Concello das Pontes ven de convocar un concurso para o deseño da imaxe do cartaz oficial da 40ª edición da Feira do Grelo, que se celebrará os días 22 e 23 de febreiro. O cartaz gañador recibirá un premio de 750 euros e o prazo para recibir os deseños xa está aberto.

Este concurso, no que poden participar tanto persoas físicas como xurídicas, de forma individual ou en equipo, ten como obxectivo elexir a imaxe oficial da Feira do Grelo que será empregada na campaña de difusión informativa e publicitaria desta cita gastronómica pontesa.

As bases do concurso esixen que os traballos sexan orixinais e inéditos, non presentados noutros concursos e poderán ser elaborados mediante calquera técnica ou procedemento artístico.

As obras presentaranse nun dispositivo de almacenamento USB e achegaranse, obrigatoriamente, un sobre pechado cun documento no que figuren o datos persoais do autor (nome, apelidos, dirección, teléfono,correo electrónico e datos que poidan facilitar o contacto co gañador/a) así como una fotocopia do seu DNI ou pasaporte.

Ademais deberán incluir tamén una declaración xurada na que indiquen que o traballo é orixinal e inédito e que non foi presentado a ningún outro concurso así como unha declaración responsable de non ter débedas coas administracións públicas.

O prazo de presentación dos traballos finalizará o 27 de xaneiro ás 14:00 horas e os traballos poderán presentarse no rexistro municipal do Concello das Pontes, en horario de maña, ou por correo postal.

Para a recepción dos traballos por correo postal soamente serán admitidos os que se reciban ata o 29 de xaneiro, sempre que fose enviado dentro do prazo establecido e se acredite o envío do traballo por correo electrónico ao enderezo cultura@aspontes.org, axuntando o acuse de recibo de correos ou axencia de transporte, xunto co lema que servirá para preservar a identidade do autor ata o fallo do xurado.

Os traballos presentaranse no rexisto ou enviaranse por correo postal debidamente embalados ao seguinte enderezo: Concello de As Pontes. Concurso de carteis Feira do Grelo 2020. Parque Municipal s/n. 15320 As Pontes de García Rodríguez. A Coruña.

A persoa gañadora deberá, posteriormente, presentar diferentes adaptacións do cartaz deseñado (adaptacíon coa inserción do programa de actividades da Feira do Grego, deseño dun tríptico informativo (A4) e adaptación do deseño para soportes dixitais) segundo as características establecidas polo Concello das Pontes.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies