Home / Eume / As Pontes / As Pontes celebrará a súa Feira do Grelo o domingo 3 de marzo

As Pontes celebrará a súa Feira do Grelo o domingo 3 de marzo

Feira do Grelo As Pontes (foto: Concello As Pontes)
Feira do Grelo As Pontes (foto: Concello As Pontes)

FERROL360 | Luns 11 febreiro 2019 | 9:25

As Pontes quenta motores para celebrar o vindeiro domingo 3 de marzo a XXXIX edición da Feira do Grelo. E, como cada ano, haberá o tradicional concurso de grelos que repartirá máis 1.500 euros en premios.

As persoas interesadas en participar no certame deberán inscribirse, de 08:00 a 10:00 horas, o día da Feira, no mercado municipal. A partir das 10:00 horas non se admitirán más participantes no concurso. Os grelos deben presentarse en cestas que conterán, como mínimo 10 madas. Só se admitirá un concursante por unidade familiar e os concursantes deben ter un mínimo de 16 anos.

O concurso rematará ás 11:00 horas, comezando nese momento a venda ao público dos grelos non premiados. Premiaranse tres categorías: calidade do grelo, cesta mellor adornada e haberá un premio especial Alexandre Pérez Sindín. Ademais, haberá tres accésits.

Na categoría de premios á calidade do grelo, o primeiro premio recibirá 300 euros, o segundo premio 250 euros e o terceiro premio 200 euros. Haberá tres accésits con 60 euros cada un. No premio especial á cesta mellor adornada o primeiro premio recibirá 300 euros, o segundo premio 200 euros e o terceiro premio 100 euros. Xa por último haberá un premio especial Alexandre Pérez Sindín.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*