Home / Eume / As Pontes / As Pontes e Ortigueira acollerán este venres charlas informativas do programa de garantía xuvenil

As Pontes e Ortigueira acollerán este venres charlas informativas do programa de garantía xuvenil

FERROL360 | Xoves 22 outubro 2015 | 16:38

O programa de Garantía Xuvenil continúa este venres nas Pontes e Ortigueira coa campaña de charlas informativas para mozos de entre 16 e 29 anos, que actualmente non estean traballando nin recibindo educación ou formación, sobre as posibilidades que lle achega este programa.

Ás 10:00 horas comezará a sesión na aula CeMIT das Pontes ás 12:00 horas a charla será en Ortigueira, no antigo Centro de Saúde. As sesións continuarán a vindeira semana en San Sadurniño e Pontedeume.

O obxectivo do Programa de Garantía Xuvenil é que os participantes poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua, formación de aprendiz ou acceder a un período de prácticas nun prazo de catro meses despois de acabar a educación formal ou quedar desempregados.

Para acadar este fin, o programa vertébrase en catro eixos: mellora da intermediación, cun servizo de orientación laboral, mellora da empregabilidade, con obradoiros e prácticas, estímulos á contratación, con bonificacións e incentivos a empresarios que contraten a mozos inscritos neste sistema e fomento do emprendemento, con axudas á creación de empresas propias e cooperativas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies