Home / Eume / As Pontes / As Pontes e Sogama organizan un programa combinado de compostaxe doméstico

As Pontes e Sogama organizan un programa combinado de compostaxe doméstico

FERROL360 | Sábado 2 setembro 2017 | 12:56

O Concello de As Pontes e a Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) organizan un programa combinado de compostaxe doméstico e vermicompostaxe.

A presentación deste programa será o luns 25 de setembro e correrá a cargo do presidente da compañía pública, Javier Domínguez, e da primeira tenente de alcalde, Montserrat García.

A cita será na Aula da Reciclaxe ‘EcoEscola As Campeiras’, centro de educación ambiental no ámbito dos refugallos domésticos e urbanos ás 11.00 horas.

O acto está aberto a todo o público. As persoas interesadas en recibir información máis detallada poden contactar por email en: info@auladareciclaxe.es ou no teléfono 622.337.750.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies