Home / Eume / As Pontes / As Pontes fomenta a cultura emprendedora entre os escolares cun obradoiro gratuíto

As Pontes fomenta a cultura emprendedora entre os escolares cun obradoiro gratuíto

FERROL360 | Mércores 24 xaneiro 2018 | 11:38

Aprender mediante xogos conceptos de economía coma que son os bancos, o aforro, o consumo responsable ou a débeda e potenciar as competencias coas que debe contar un emprendedor coma a creatividade, a capacidade de aprendizaxe, a paixón ou a perseverancia, son os obxectivos do obradoiro de emprendemento que organiza o Concello de As Pontes para os máis peques.

Este obradoiro gratuíto está pensado para escolares de Primaria e Secundaria e rrátase dun curso pioneiro no municipio que «permitirá fomentar unha cultura emprendedora entre os máis pequenos que, son a base da economía do futuro», salienta a edil de Emprego, Ana Pena.

Pena incide na necesidade de traballar competencias coma a perseverancia, a toma de decisións, o ser innovador, a comunicación efectiva, capacidade de liderazgo, a superación ou a creatividade dende idades ben temperás, características que son básicas nos emprendedores, e que a día de hoxe, lamentablemente, non son a base do sistema educativo actual.

De ahí, segundo a concelleira, a necesidade de ofrecer cursos deste tipo que permitan traballar estas competencias entre os máis novos, co obxectivo de que se convenzan de que calquer proxecto pode ser un trunfo e de que poden sacar adiante calquera idea con perseverancia e esforzo.

Inscrición

Para anotarse neste taller, os interesados deberán achegarse ata as oficinas do IPPEC de luns a venres, en horario de mañá, dende o día 22 e ata o 31 de xaneiro. O número de prazas é limitado a 15 para estudantes de Primaria e outras tantas para estudantes de Secundaria.

Os interesados en obter máis información poden tamén pasarse polo IPPEC en horario de mañá ou telefonar ao 664 029 871. As sesións, que terán unha hora de duración, serán na Biblioteca Enrique Rivera Rouco. O programa comezará o vindeiro 6 de febreiro e prolongarase ata o 29 de maio.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies