Home / Eume / As Pontes / As Pontes organiza un curso formativo gratuíto para emprendedores

As Pontes organiza un curso formativo gratuíto para emprendedores

FERROL360 | Martes 30 xaneiro 2018 | 12:25

O Concello de As Pontes, mediante o Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC), desenvolverá nos meses de marzo e abril unha nova iniciativa formativa dirixida aos emprendedores. Trátase do curso ‘Desenvolve o teu modelo de negocio’, que ten como obxectivo formar, asesorar e apoiar aos participantes para que aprendan a realizar o seu plan de empresa.

Durante o obradoiro tamén se lles facilitan as ferramentas necesarias para profundizar no seu desenvolvemento persoal, dotándoos de coñecementos básicos para crear e xestionar a súa propia empresa.

Ante a boa acollida que tivo o curso o pasado ano, a administración local decidiu repetir a experiencia co obxectivo de fomentar o emprendedurismo con actividades formativas, asesoramento e programas de axudas.

O edil de Industria, Juan Carlos Romero salienta a necesidade de utilizar todos os recursos cos que conta a administración local para respaldar a «uns valentes que pretenden facer realidade o seu negocio no municipio», ao tempo que contribuen coa economía local.

Un total de 15 persoas poderán sumarse a este obradoiro que será totalmente gratuíto e no que se contará con sesións semanais de catro horas de duración, a desenvolver no edificio administrativo da Canle IV, durante os venres dos meses de marzo e abril, entre as 16.00 e as 20.00 horas.

Con respecto aos contidos, os participantes aprenderán a realizar un plan de marketing, a realizar un estudo de mercado e analizar á competencia; elaborar un plan financeiro e a xestionar o seu propio negocio ou un modelo de empresa.

As inscricións xa se poden tramitar nas oficinas do IPPEC, de luns a venres en horario de mañá, ata que remate o mes de febreiro.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies