Home / Eume / As Pontes / As Pontes organiza unha nova edición do programa «Móvete x As Pontes»

As Pontes organiza unha nova edición do programa «Móvete x As Pontes»

FERROL360 | Mércores 5 abril 2017 | 11:03

O Concello de As Pontes, a través do IPPEC, organiza unha nova edición do programa «Móvete x As Pontes». A IV edición desta cita terá lugar o vindeiro sábado 13 de maio e todos aqueles establecementos comerciais ou hostaleiros que desexen participar poden inscribirse ata este venres.

As persoas interesadas terán que completar a solicitude de participación que poden atopar na web municipal e enviala xunto co logotipo do seu establecemento ao enderezo: erika.sanz@aspontes.org ou ben achegarse ás oficinas do IPPEC onde tamén poderán obter toda a información relacionada co programa.

Este programa de promoción económica enmarca diversas actuacións coma un desfile onde se promocionan os diferentes produtos e servizos dos establecementos ponteses, unha Fasion Night que alberga promocións e descontos especiais e unha campaña de concienciación sobre o comercio local, este ano estamos seguros que presentará algunha novidade máis.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies