Home / Eume / As Pontes / As Pontes quenta motores para acoller o I Rally Mix esta fin de semana

As Pontes quenta motores para acoller o I Rally Mix esta fin de semana

FERROL360 | Mércores 11 marzo 2015 | 19:21

Este sábado e domingo As Pontes revivirá a paixón por queimar rodas no asfalto coa primeira edición do Rally Mix Concello de As Pontes Memorial Lari. Esta nova proba deportiva contará con medio cento de participantes, entre eles varios campións galegos, como Celestino Iglesias, actual campión de carrozados, ou Jesús López, que ten o título de Car Cross.

O Rally Mix Concello de As Pontes, que será puntuable para o Campionato Galego de Rally Mix, rende homenaxe a Gabriel Galego, Laricas, veciño de Maciñeira, en Saa, e falecido no Autocross Xacobeo hai cinco anos. «Esteas onde esteas, Lari, este rally vai por ti» dixo o concelleiro de Xuventude, Chicho Tembrás, durante a presentación da proba.

Tembrás indicou queo rally responde a unha demanda da veciñanza, xa que As Pontes non acolle este tipo de probas dende 1987, e salientou tamén o feito de que se celebre en Saa, onde está «moi arraigado o mundo do motor». Así, explicou que o rally mix ten tramos de terra e de asfalto e instalarase un parque pechado cos coches na plaza do Carme o sábado ás 20:00 horas.

As dúas primeiras mangas comezarán o sábado 14, ás 14.00 horas. Xa pola tarde, cando rematen as probas, arredor das oito, trasladaranse os coches ata praza do Carme para que poidan ser visitados pola veciñanza. O domingo, a carreira comezará ás 8.50 horas e a entrega de premios celebrarase na Casa da Cultura de Saa arredor das 14:00 horas.

Publicidad

Campaña Día del Padre Odeón

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies