Home / Eume / As Pontes / As Pontes recibe a estrea da obra Rumpelstikin, o anano saltarín

As Pontes recibe a estrea da obra Rumpelstikin, o anano saltarín

FERROL360 | Venres 28 marzo 2014 | 17:53

Títeres Trompicallo e Kalina Teatro presentan a súa nova montaxe este sábado no auditorio do cine Alovi.

Rumpelstikin, o anano saltarín é unha historia para toda a familia que inaugura a programación primaveral da área de Cultura do Concello de As Pontes. Ademais, será a estrea a nivel nacional desta peza de monicreques que inclúe xogo de sombras e proxeccións.

A obra, dirixida polo búlgaro Plamen Dipchikov, está inspirada nunha antiga lenda nórdica onde os personaxes transmiten valores de liberdade e respecto e son donos do seu propio destino.

Os pases para ver este espectáculo, que comezará ás 18:30 horas, estarán á venda dende mañá ás 17:00 horas na billeteira do auditorio Alovi. Os adultos pagarán 3 euros e para os menores de 12 anos, maiores de 65 ou aqueles que posúan os carnés Xove e de Estudante custarán 1,50 euros.

O espectáculo de monicreques ‘Rumpelstikin, o anano saltarín’ estréase este sábado en As Pontes

O espectáculo de monicreques ‘Rumpelstikin, o anano saltarín’ estréase este sábado en As Pontes

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies