Home / Ferrol / Ares / As visitas de Pap? Noel aos concellos das comarcas centran as actividades de Nadal

As visitas de Pap? Noel aos concellos das comarcas centran as actividades de Nadal

FERROL360 | Martes 24 decembro 2013 | 14:55

A cicloxenese explosiva botou por terra os plans de Pap? Noel de sa?r en cabalgata. Os m?is pequenos da casa deber?n conformarse coas visitas que ten programadas. As?, en Ares, Pap? Noel esperar? aos nenos na Alianza Aresana a partires das 19:30 horas. A?nda que tam?n visitar? Redes, Barracido, Pedr?s, Chanteiro (Outeiro) e o CIRS de Cerv?s. Comezar? o seu percorrido ?s 16:30 horas.

Pap? Noel chegar? a Neda o xoves 26 de decembro. Porque tam?n merece un descansi?o e atender aos pequerrechos sen presas. Se tedes a oportunidade de ver como chega, non a perdades, porque… ir? en kaiak! A cita ser? este xoves ?s 18:30 horas na ponte que une Nar?n con Neda. Haber? caramelos para os m?is pequenos e unha copa de cava para os maiores.

Actividades deportivas

En Ares, o xoves 26, venres 27 e luns 30, entre as 10:00 e as 13:00 horas, o pavill?n municipal acoller? unhas xornadas multideporte, dirixidas a nenos de 8 a 12 anos. As?, haber? f?tbol, baloncesto, balonm?n, bril? ou raquetas. E pola tarde, de 16:30 a 19:30 horas, ?brese o pavill?n para que os rapaces de 12 a 18 anos poidan xogar aos deportes que desexen. ? preciso contar cun m?nimo de d?as persoas para o caso do tenis e de oito para xogar a f?tbol, baloncesto ou balonm?n. Iso si, hai que inscribirse previamente na oficina do pavill?n para participar nestas actividades.

En As Pontes, o xoves 26 inaugurase o IV Campus de Basket, que se desenvolver? nos pavill?ns de Monte Caxado, A Magdalena e Castro da Uz ata o 30 de decembro.

Son moitos aos que lles gusta comezar o ano facendo deporte. Para eles est? pensada a IX Carreira Popular de Fin de Ano Mugardos-Ares 2013. O prazo para inscribirse remata este martes, e hai que apuntarse na web da Federaci?n Galega de Atletismo. A carreira ter? lugar o domingo 29 ?s 11:00 horas, con sa?da e chegada de Mugardos e unha distancia a percorrer de 10 quil?metros.

M?is actividades

En As Pontes, o xoves 26 arrincar? o cine de Nadal, co pase do filme El llanero solitario, que se proxectar? ?s 20:30 horas, no auditorio municipal Alovi a un prezo de 3 euros. Ese mesmo d?a tam?n haber? m?sica a cargo dos integrantes da Asociaci?n Cultural Alende, que ofrecer?n aguinaldos por diferentes puntos do casco urbano, dende as 17:00 horas.

Xa para o venres 27, os integrantes da Escola Municipal de Baile Moderno e Danza Cl?sica visitar?n o Pazo da Cultura de Nar?n, onde dar?n vida ao espect?culo Cine, que serv?u para celebrar a fin de curso destas escolas o pasado mes de xu?o. ?s 20.30 horas est? previsto que arrinque este espect?culo.

En Ares, na OMIX, levarase a cabo un obradoiro de maquillaxe de festa para maiores de 12 anos. Ser? este venres 27 entre as 19:00 e 22:00 horas, e a actividade ten un custe de 3 euros.

De novo en As Pontes, o s?bado 28 celebrarase un concerto de Nadal nas dependencias do Auditorio Municipal Alovi, a cargo da formaci?n viguesa Broken Peach. O concerto dar? comezo contra as 20:00 horas e as entradas poderanse mercar a mesma ma?? do s?bado, entre as 12:00 e as 13:30 horas, ou xa ? tarde dende as 18:30 horas e ata o inicio do recital. O seu prezo ser? de 3,50 euros.

A programaci?n ata a fin do ano pecharase cunha nova sesi?n de cine no Auditorio Municipal Alovi. Ser? o luns 30 de decembro e con dous filmes dirixidos tanto ao p?blico infantil coma para os adultos. As?, para a sesi?n infantil est? previsto que se proxecte Monstruos University, dende as 18:00 horas e a un prezo de 1,50 euros, namentres que para o p?blico adulto optouse polo filme de acci?n Malavita, protagonizado por Michelle Pfeiffer, Robert de Niro e Tommy Lee Jones, e do que ser? posible gozar dende as 20:30 horas e tan s? por 3 euros.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies