FERROL360 | Mércores 22 abril 2015 | 17:20
Seguro que moitos tedes na casa unha bolsa na que depositades os tapóns do deterxente, dos envases do leite ou da pasta de dentes para colaborar coa recollida de tapóns solidarios. Iso está moi ben, pero se queredes dar un pasiño máis e botar unha man a Aspanemi para transportar eses tapóns podedes facelo este venres a partires das 09:00 horas.
Os tapóns se atopan na nave de Amenadás en Narón, ao carón de Urbaser, e hai que depositalos no camión que os levará ata a pranta de reciclaxe Reserplas, de O Porriño. Por iso, Aspanemi pide a colaboración de «todas aquelas persoas que queiran axudar a facer unha cadea humana para transportar os sacos de tapóns dende o interior da nave ata o camión».
Desde a entidade lembran que os beneficios que se obteñen destas recollidas van integramente destinados a financiar o tratamento necesario para «Alba, la Promesa». Unha pequena que padece unha lesión cerebral dexenerativa e que con esta iniciativa procuran que teña unha mellor calidade de vida.
Para máis información pódese chamar ao teléfono da asociación: 981 946319.