Home / Sociedad / Naturaleza / Ata 35 postos exhibirán os seus produtos na Feira da Plantación de San Sadurniño

Ata 35 postos exhibirán os seus produtos na Feira da Plantación de San Sadurniño

FERROL360 | Xoves 24 abril 2014 | 13:46

O Concello de San Sadurniño traballa estes días na organización da edición número dezanove da Feira da Plantación, unha cita que terá lugar este domingo na contorna do CPI. Coa colaboración de Planteles Vivergal e a Deputación da Coruña, a cita ten como obxectivo «promocionar a produción e a comercialización agrícola da zona xunto coas posibilidades de desenvolvemento sustentable do medio rural». Deste xeito, os diferentes postos de viveiros de plantas, florerías, comerciantes de horta e maquinaria e, algúns tamén, de alimentación e artesanía, ocuparán a explanada baixo unha carpa de 2.000 metros cadrados para vender o seus produtos.

A actividade comezará pola mañá e se prolongará ata as seis ou sete da tarde. Haberá establecementos para xantar e os asistentes recibirán unha planta de agasallo, ademais de poder participaren en sorteos mercando algún produto da feira.

O público infantil tamén terá un papel importante xa que poderá participar no obradoiro de cerámica que imparte Xela Barro entre as 16:30 e 17:30 horas. A continuación, a tecedeira Fina Casal, amosará a arte de facer flores e pequenos adornos con follas de maínzo. Ámbolos dous son gratuítos.

Pero ademais, este xoves pola tarde hai dúas actividades programadas ao abeiro da feira. De 17:00 a 19:00 horas haberá unha charla sobre apicultura da man de AGA Ferrolterra, e de 19:00 a 21:00 horas, a Cooperativa de Consumo Responsable A Xoaniña achegará as claves para preparar unha horta ecolóxica.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies