Home / Ferrol / Cedeira / Atopan en augas do cabo Ortegal un cranio fósil dun cetáceo de 20 millóns de anos

Atopan en augas do cabo Ortegal un cranio fósil dun cetáceo de 20 millóns de anos

FERROL360 | Xoves 30 outubro 2014 | 22:07

O Museo de Historia Natural de Ferrol vén de incorporar unha nova peza paleontóloxica de importante valor científico. Trátase dun cranio fósil dun cetáceo do mioceno cunha antigüidade aproximada de 20 millóns de anos.

O exemplar pertence á especie Choneziphius leidyi, unha das catro especies descubertas o ano pasado polo equipo de investigación do que forma parte Ismael Miján e cuxo holotipo atópase nos fondos do Museo de Historia Natural de Ferrol.

Ata o momento só existían sete exemplares deste tipo en todo o mundo, polo que este novo espécime é o número oito. Cómpre destacar que deses oito seis están depositados na colección paleontolóxica do museo.

Esta peza é a máis grande desta especie atopada ata agora e presenta características morfolóxicas novas que servirán para profundar nas investigacións sobre anatomía que se realizarán no futuro.

O fósil foi atopado por un barco pesqueiro con base en Cedeira en augas galegas ao norte do cabo Ortegal e foi doado ao museo polo pescador Benigno Romero. Dende a SGHN agradecen a colaboración dos pescadores, xa que permiten profundar nas investigacións sobre a bioloxía evolutiva dos cetáceos.

Unha das pezas paleontóloxicas coas que conta o museo (foto: SGHN)

Unha das pezas paleontóloxicas coas que conta o museo (foto: SGHN)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies