Home / Archivo del Autor: Ary López (página 35)

Archivo del Autor: Ary López

San Sadurniño pide a colaboración da Xunta para preparar o exterior do pazo e poñer en marcha a escola infantil

FERROL360 | Luns 3 febreiro 2014 | 17:37 O goberno local de San Sadurniño reuniuse este luns en Santiago co director xeral de Administración local, José Alberto Pazos. O motivo do encontro foi pedirlle á Xunta de Galicia a súa implicación na execución das obras de acondicionamento da contorna exterior do pazo da Marquesa e do edificio anexo. O proxecto, orzamentado en 60.000 euros, pretende mellora-la accesibilidade a uns inmobles que nun futuro próximo albergarán a Casa do Concello, unha escola infantil ou locais empresariais. A actuación inclúe, entre outras cousas, habilitar unha ampla zona de aparcadoiro, ademais de derrubar a antiga queixaría e acondicionar con lousa e zona vexetal o perímetro comprendido entre ámbolos dous edificios. A previsión do Concello é sufragar unha parte dos gastos con axudas autonómicas. ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies