Home / Actualidad / Autorizadas as expropiacións para a execución da mellora do trazado da estrada Fene-Mugardos

Autorizadas as expropiacións para a execución da mellora do trazado da estrada Fene-Mugardos

FERROL360 | Xoves 24 marzo 2016 | 16:20

O Consello da Xunta aprobou este mércores o decreto o polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de mellora do trazado na estrada Fene-Mugardos (AC-133), en Fonte Grande.

O Goberno galego, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, financia este proxecto mediante a achega dun investimento de máis de 220.000 euros. Estas actuacións teñen como obxecto a mellora da estrada autonómica AC-133, entre os puntos quilométricos 9+600 e 10+000, no concello de Mugardos.

Neste treito da infraestrutura localízanse dúas curvas de raio reducido, que se eliminarán executando un trazado alternativo máis cómodo e seguro. Ademais, prevese a optimización de dúas interseccións existentes, nas cales se habilitará unha semiglorieta que permitirá os xiros e o cambio de sentido en condicións máis seguras.

A primeira é a situada no p.q. 9+600, cruzamento coa estrada DP-3504, na cal se disporá un central de espera, para o que será necesario ampliar a plataforma da estrada neste punto; e a segunda é o cruzamento coa vía municipal coñecido como rúa Peneda.

Os veciños desta zona viñan solicitando a mellora desta estrada e con esta actuación a Xunta indica que cumpre o compromiso acadado con eles. Coa realización deste proxecto preténdese, por unha parte, aumentar a comodidade da circulación ao ampliar o raio das curvas, e ademais incrementar a seguridade e facilitar os xiros en condicións máis seguras, reordenando as interseccións existentes no tramo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies