FERROL360 | Venres 25 xaneiro 2019 | 9:28
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte ofrece unha nova liña de axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca dirixidas a particulares, entidades ou asociacións interesadas en buscar financiamento para a posta en marcha de proxectos vencellados ao sector pesqueiro.
As axudas están orientadas á creación de emprego, atracción de xóvenes e promoción da innovación, ao apoio á diversificación, así como ao fomento do benestar social e do patrimonio cultural mariñeiro e a investimentos turísticos. O prazo de presentación das solicitudes rematará vindeiro 1 de marzo.
Desde o Galp Golfo Ártabro Norte explican que estas axudas abarcan multitude de actuacións complementarias ao sector pesqueiro, sendo subvencionables actuacións como a creación e melloras en industrias de comercialización e transformación de produtos pesqueiros, venda online e páxinas web, centros de actividades náuticas, rutas acuáticas, turismo industrial vencellado ao mar e impulso a servizos do Camiño Inglés, entre outros.
As persoas interesadas en recibir máis información poden dirixirse ao blog do GALP ou chamar aos números de teléfono: 981 784 417 ou 636736 788.