Home / Ferrolterra / Fene / Barallobre non esquece ás vítimas do Alvia e propón reeditar a homenaxe na súa lembranza

Barallobre non esquece ás vítimas do Alvia e propón reeditar a homenaxe na súa lembranza

FERROL360 | Luns 18 xullo 2016 | 14:37

O Colectivo veciñal da Ribeira de Barallobre quere reeditar a homenaxe que renderon o pasado ano ás vítimas do Alvia. A entidade propón ao Concello de Fene, por segundo ano consecutivo, celebrar un acto na estación de tren de Barallobre con motivo do terceiro aniversario do tráxico accidente.

A homenaxe sería este domingo 24 de xullo, ás 20:30horas, e consistiría na lectura dun manifesto coas demandas da Asociación de Vítimas do Alvia e a intervención dun gaiteiro. «Estamos a disposición do Concello de Fene para colaborar e organizar este acto de homenaxe», indica o colectivo nun comunicado.

A entidade quere lembrar ás 81 vítimas mortais e 140 feridos deste accidente, así coma ós seus familiares. Como non podía ser doutro xeito, esta homenaxe ten en Barallobre dous nomes propios: Lidia Martín e Daniela Recio, nai e filla que perderon a vida en Angrois.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies