Home / Sociedad / Educación / Basterrechea lamenta a situación que se está a dar no CEIP Recimil, que cualifica de «preocupante»

Basterrechea lamenta a situación que se está a dar no CEIP Recimil, que cualifica de «preocupante»

REBECA COLLADO | Ferrol | Xoces 5 novembro 2015 | 18:19

O concelleiro de Ensino, Suso Basterrechea, mostrou este xoves a súa preocupación pola situación que está a atravesar o CEIP Recimil logo das últimas renuncias da ANPA e de representantes do Consello Escolar. A preguntas dos xornalistas, o edil dixo que «é unha mágoa moi grande» o que está a acontecer porque «para que un centro funcione é necesaria a maior sintonía posible».

Basterrechea asegurou que o caso do CEIP Recimil non é un caso illado e que estase a repetir en moitos centros de Galicia a causa dos recortes que está aplicando a Xunta de Galicia. Neste senso, indicou que os equipos docentes tratan de xestionar do mellor xeito posible eses recortes, pero iso non quere dicir que estean de acordo con eles.

Asimesmo, o concelleiro lembrou que o alcalde da cidade aínda agarda unha xuntanza co conselleiro de Ensino para tratar este tema, logo de dúas peticións de entrevista. Tamén afirmou o edil que o seu desexo é que se recupere esa praza de mestre suprimda e fixo fincapé na necesidade de tratar a este centro cun «mimo máis grande» porque ten unhas características especiais.

Neste senso, destacou que a comunidade educativa estaba facendo un moi bo traballo e criticou que esta medida da Xunta «distorsiona este traballo» e de aí o malestar que está aflorando no centro educativo.

Un comentario

  1. En el CEIP de Recimil llevan dos meses de conflicto con la TOTAL AUSENCIA Y TOTAL FALTA DE COMPROMISO de Suso Basterrechea

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies