Home / Ferrol / Ferrol / Beatriz Sestayo (PSOE): «Apoio calquer evento que atraia turismo e cidadáns a Ferrol»

Beatriz Sestayo (PSOE): «Apoio calquer evento que atraia turismo e cidadáns a Ferrol»

FERROL360 | Sábado 23 mayo 2015 | 11:20

Beatriz Sestayo naceu en Ferrol en 1969. É a candidata do PSdeG-PSOE á Alcaldía da cidade naval.

Un libro: Cien años de soledad, de Gabriel García Márquez.

Un filme: O Paciente Inglés.

Unha canción: Loosing my religion, de REM.

Unha comida: Ovos fritos con patacas.

Unha bebida: Unha cervexa 1906 de Estrella Galicia.

Un personaxe: Pablo Iglesias, fundador do Partido Socialista.

Unha cita famosa: Abrid escolas e se pecharán cárceres, de Concepción Arenal.

Un deporte: Andar en bicicleta.

Café ou cervexa? Onde? Café e cervexa, depende do momento, pero sempre en calquera lugar de Ferrol.

Praia ou montaña? A praia, pero pouco concurrida e, en inverno, o mar.

Madruga ou trasnoita? Trasnoito.

Un curruncho de Ferrol: Calquera rincón con vistas ao mar.

Apoia á Semana Santa Ferrolá? Apoio calquer evento que atraia turismo e cidadáns a Ferrol.

O normal en campaña é que se critique aos contrincantes políticos, pero podería dicirnos algo positivo deles? Que todos, coas súas distintas ideoloxías, tentan sacar Ferrol da súa situación dramática, excepto Rey Varela, ao que só coñezo políticamente e, nese ámbito, non podo dicir nada positivo.

Que fai falla para que Ferrol “mole” de verdade? Que o 24 de maio haxa un cambio e empece a gobernar o Partido Socialista cunha muller como alcaldesa de Ferrol.

Beatriz Sestayo é candidata á Alcaldía de Ferrol polo PSOE (cedida)

Beatriz Sestayo é candidata á Alcaldía de Ferrol polo PSOE (cedida)

Publicidad

Banner parque ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies